Arquivos do sitio diario
O multimillonario e o seu xoguete
¡Murdoch de novo ó ataque! Pos si, semella que o magnate australiano non se conforma con ter a metade dos medios informativos do planeta (The Sun, The Times, Fox, ou Sky entre moitos outros) e agora quere estender ó seu poder á Rede cun MySpace para atraer a Yahoo! e atalo ás tebras… digooo, para […]
Diarra
Domingo, 17 de xuño. As rúas baleiras, os bares cheos. Este domingo é un día deses que non remata ata mañá pola mañá. Ben entrada a madrugada, cando os últimos clientes se marchen, mirará o hostaleiro á caixa rexistradora, e logo á súa muller, e nesa mirada diralle que si, que a tele de plasma […]
Déjà vu
Hai días nos que é moi difícil botarlle unha ollada ás seccións de Internacional. Días nos que o mundo semella poñerse dacordo para encher os titulares de novas sanguentas, como se en determinados lugares a paz non puidese ter lugar.
Pero tamén parece que dende hai unhas décadas os nomes son sempre os mesmos e […]
A padiola mecánica
Como veríades os máis observadores, hoxe damos a benvida oficial a dous novos membros da familia Xeración Web: Fournier Alan e Alan Fournier, “almas maters” do blog A padiola mécanica.
Despois de tanta campaña, tanto pacto e tanta crispación, non nos virá nada mal un (saque de) curruncho deportivo, así que benvida ós dous […]
Fin de festa
Remata o cumio do G8, e todos semellan felices. Disque conseguiron pórse de acordo en case tódolos temas que trataron. Non era difícil. Ó cabo era só unha reunión entre amigos, sen presión, que aquí non se decide a vida ou morte ningún acordo marco.
O primeiro que nos demostraron os líderes mundiais é que os […]
Condicións de (por) vida
O 48% dos galegos afirma “chegar con dificultade a fin de mes”. O 10% das familias viven por debaixo do limiar da pobreza. As vivendas hipotecadas aumentaron case un 5% dende o 2002. “Así son as cousas e así as contamos”, ou máis ben así o conta o Instituto Galego de Estatística, ó falar das […]
Cambia o clima
Como case calquera cousa ameazada, deteriorada, minorizada ou en perigo, o Medio Ambiente tamén ten o seu día, por mandato das Nacións Unidas. Foi onte, 5 de xuño, aínda que pasou bastante desapercibido. Na maioría dos xornais houbo que relegar as reportaxes de neveira sobre o cambio climático a un segundo posto, desprazadas pola noticia […]
Cine en galego
Ver cine galego é complicado, pero velo EN galego moito máis. Podes pensar que veño sensibilizada por Cans, por escoitar a moitos directores e produtores que din que ninguén vai ver o cine en galego.
Por principios, trato de ir sempre ver as pelis en galego que haxa no cine: é a contribución que podo facer […]
Elianinha fuxe ó Festival de Cans
Cando chegamos á redacción, atopamos un post-it pegado na pantalla do ordenador. “Voume a Cans, ó Festival. A Costa Azul, non, burros, ó Porriño. Nada de imitacións, cando se fan as cousas, fanse ben, e eu son unha rapaza auténtica, así que me vou ata o sábado a ver curtametraxes. Non me esperedes espertos. Firmado: […]
Débedas
Esta fin de semana inaugurouse a Casa da Cultura de Camelle bautizada como “Casa do Alemán” en honor de Manfred Gnädinger, Man. Hai un par de meses, gran parte dos que hoxe compoñemos a redacción de Xeración fomos ata Camariñas de “excursión”. Faláranos do estado lamentable no que se atopaba o legado de Man, pero […]


