Arquivos do sitio Actualidade
Estreamos alcaldías
Parecía que o tempo de pactos rematara. Que onte quedarían constituídos os gobernos para os próximos 4 anos nos concellos galegos, e que tras días de máis incertidume da que inicialmente se prevía, poderían empezar a organizarnos a vida. Non é así, de feito aínda son moitos os flecos de acordos nas corporacións municipais pendentes […]
Déjà vu
Hai días nos que é moi difícil botarlle unha ollada ás seccións de Internacional. Días nos que o mundo semella poñerse dacordo para encher os titulares de novas sanguentas, como se en determinados lugares a paz non puidese ter lugar.
Pero tamén parece que dende hai unhas décadas os nomes son sempre os mesmos e […]
Perigo: piso húmido
Despois de case dúas semanas de marear a perdiz (e os xornalistas) por fin temos acordo marco. Xa podemos respirar tranquilos. Os dous líderes supremos do bipartito déronse a man como bos amigos e comprometéronse a que, nos concellos onde pactando poidan conseguir a alcaldía, farán todo o posible por levarse ben. Agora quedan as […]
Fin de festa
Remata o cumio do G8, e todos semellan felices. Disque conseguiron pórse de acordo en case tódolos temas que trataron. Non era difícil. Ó cabo era só unha reunión entre amigos, sen presión, que aquí non se decide a vida ou morte ningún acordo marco.
O primeiro que nos demostraron os líderes mundiais é que os […]
Premi d’Honor de les Lletres Catalanes
Baltasar Porcel non é un autor tremendamente coñecido alén dos Països Cataláns, pero vén de gañar o 39º Premi d’Honor de les Lletres Catalanes. Un mallorquín de 70 anos, que se define como catalanista a pesar dos problemas que na súa vida iso lle poida ter acarreado, que acaba de superar un cancro.
O Premi d’Honor […]
Cambia o clima
Como case calquera cousa ameazada, deteriorada, minorizada ou en perigo, o Medio Ambiente tamén ten o seu día, por mandato das Nacións Unidas. Foi onte, 5 de xuño, aínda que pasou bastante desapercibido. Na maioría dos xornais houbo que relegar as reportaxes de neveira sobre o cambio climático a un segundo posto, desprazadas pola noticia […]
Así non se pode
Así non se pode.
Seino, só era cuestión de tempo, e tampouco nos vamos enganar, o ano xa empezou atravesado co atentado de Barajas. Pero non por anunciado, deixa de ser menos fodido. Algúns fomos para cama coa noticia, e outros erguéronse con ela. E así, simplemente, non se pode…
En quente tampouco vale de moito facer […]


