Posts escritos por Redacción
A padiola mecánica
Como veríades os máis observadores, hoxe damos a benvida oficial a dous novos membros da familia Xeración Web: Fournier Alan e Alan Fournier, “almas maters” do blog A padiola mécanica.
Despois de tanta campaña, tanto pacto e tanta crispación, non nos virá nada mal un (saque de) curruncho deportivo, así que benvida ós dous […]
Elianinha fuxe ó Festival de Cans
Cando chegamos á redacción, atopamos un post-it pegado na pantalla do ordenador. “Voume a Cans, ó Festival. A Costa Azul, non, burros, ó Porriño. Nada de imitacións, cando se fan as cousas, fanse ben, e eu son unha rapaza auténtica, así que me vou ata o sábado a ver curtametraxes. Non me esperedes espertos. Firmado: […]
Aquí estamos. ¡Éche o que hai!
Pois si, Xeracion Web abre por fin a porta. Non se trata nin moito menos da versión definitiva, xa que nos vindeiros días, semanas e meses iremos incorporando melloras de deseño e funcionalidades e arreglando as cousas que vaiamos rompendo. Por suposto, toda a axuda sobre fallos que vaiades atopando será benvida.
Algunhas novidades témolas xa […]
Esfera libre, xornalismo cidadán en Xeración Web
Unha das tendencias máis interesantes no xornalismo web dos últimos anos -e que debería pronto “inundar” o xornalismo tradicional- é a metamorfose do lector en usuario, que conta con medios para interactuar de forma moito máis activa e reflexiva coa fonte de información.
Non nos gustaría ser alleos a este interesante fenómeno que está a provocar […]
Ola
Deste lado da pantalla, comezamos hoxe un novo camiño.
¿Que é Xeración Web? Basicamente, un novo xornal dixital, pero tempo teremos de irnos coñecendo mellor. De momento só queremos saudar e presentarnos.
Tomaremos prestada esta casiña uns días ata que nos mudemos á definitiva, moito máis grande e un chisco máis luxosa. Esta bitácora quedará como a […]


