Cine en galego


Ver cine galego é complicado, pero velo EN galego moito máis. Podes pensar que veño sensibilizada por Cans, por escoitar a moitos directores e produtores que din que ninguén vai ver o cine en galego.
Por principios, trato de ir sempre ver as pelis en galego que haxa no cine: é a contribución que podo facer co sistema. Non é complicado, tampouco hai tantas. Aí está o malo. Cando vas o cine, e te fas un desembolso notable duns 7 euros, podes escoller entre ir ver Unha muller invisible ou Piratas del Caribe 3. En cada parada de bus, cada 7 anuncios que ves ao día, está unha superprodución americana (o 7 é simbólico). Unha superprodución que botan en 3 dos 4 cines da túa vila. Pola contra, se queres ver Hotel Tivoli, por exemplo, espabila, porque o botan nunha sala alternativa e non durará máis de 2 semanas en carteleira.
En Hotel Tivoli, había 15 persoas na sala un domingo á tarde. Onte, en Unha muller invisible, eramos 6. Que tristura, cando hai 3 salas nos compostelanos Área Central que pasan a peli de Depp.
Tivemos que agardar a que viñese Amenábar para darnos de conta que Mabel Ribera era unha boa actriz, e non simplemente a muller de Miriño en Pratos Combinados. Luís Tosar tivo que falar español para que nos désemos de conta que o xuís de Portosás estaba moi ben interpretado. E así poderíamos facer unha lista con nomes como Isabel Blanco, Celso Bugallo ou agora, unha pletórica María Bouzas. O de fóra sempre nos pareceu mellor.
Se queremos que o cine galego chegue a algo, temos que puxar nós por el, e non agardar a que alguén de fóra veña demostrarnos que, ao mellor, ata hai talento. Temos que pedir por escolas, por centros de formación, temos capital humano propio, e hai que formalo mellor e poñelo a funcionar. Parece que na animación está funcionando, pero despois de tantos anos investindo no audiovisual, hai que pensar no que queremos ser.
Se imos gastar no cine galego, pensemos no que fai falla. Temos que saber facer guións, saber dirixir, saber interpretar, saber montar… Pero saber de verdade. E nós, cidadáns, temos na nosa man a chave para demostrar que si queremos cine en galego e galego. Que nos gusta o acento de Carlos Blanco e de Luís Zahera, en galego. Un día fixémolo coas series: despois de Mareas Vivas nada volveu ser igual. Se unha serie galega, tan galega, como Mareas Vivas tivo tanto éxito, por que nos empeñamos en pecharlle as cancelas ao cine do país?lo-nuevo-hotel-tivoli.jpg

Información e enlaces

Comenta, entérate do que dixeron outras persoas, ou enlaza isto no teu blog.


Outros posts
Así non se pode
Elianinha fuxe ó Festival de Cans

Escribe un comentario

Adícanos un momento para deixar un comentario e contarnos a túa opinión. Podes formatear cun HTML básico.

Comentarios

A min o de fomentar que a xente vaia a ver filmes galegos pareceme moi ben. Sen embargo xa temos un problema de base no que se refire a definir un filme como galego.
De feito os dous exemplos citados: Unha muller invisible e Hotel Tívoli pouco teñen que ver entre sí. Pero aquí, desde hai anos, optouse institucionalmente por meter todo no mesmo saco para engordar un volume de producción que pola propia coxuntura do país nunca poderá ser demasiado amplio.
O certo é que como sucede en calquer negocio, os consumidores non son os que teñen que ir por afinidade con empresas, senon que son as empresas as que deben saír a buscar ós consumidores.
Desde logo, é competencia desleal que un filme ocupe 3 salas durante meses e outro 1 durante algunha semana pero tamén hai que gañarse a posición para estar tempo en cartel.
Non fai falla escarbar demasiado para ver nomes doutras industrias como: Bielinski (Arxentina), Iñarritu (México), Meirelhes (Brasil) ou Juan Pablo Rebella (Uruguai) que con unha soa película foron capaces de facerse un hoco no panorama internacional e nas salas de todo o mundo. A única razón é que o producto que ofrecían era moi bo.
Así, o problema que temos en Galiza é que contamos cun modelo de financiamento institucional que herdado de hai case 20 anos que está destinado a que exista producción. A realidade é que esa producción xa existe e agora hai que escalar un pouco máis arriba e esixir que esas produccións aporten resultados.
Xa que por primeira vez existe en Galiza unha xeración de profesionais que viven do audiovisual e que non teñen nada que envexar a outros doutro lado (esto podo aseguralo) é hora de apoilos e de apoiar proxectos avalados pola traxectoria da xente que vai traballar neles. Profesionais que por beneficio persoal están máis interesados que as propias productoras en que o seu traballo teña, á marxe do éxito, unha difusión grande.
Mentres non se entenda este cambio de optica, o cine galego quedará relegado ó que é actualmente, unha producción sen consumo.

Fagot, absolutamente indiscutible o teu argumento. De feito, creo que non me expliquei ben. É preciso unha profesionalización do cine galego: que os traballos galegos sexan quen de crear unha marca de seu, que sexa exportable e vendible. E para iso fai falla formación, pero tamén un cambio na nosa actitude cara ao cine do país. Igual que valoramos que o viño sexa do país, tamén deberiamos trasladalo a outros ámbitos. Grazas pola túa reflexión.

e unha merda todo o cine antigo

a abel gustalle pedro