Xeración, día 3


Si, tres días xa, así que supoño que vai sendo hora de facer un primeiro balance.

Sinceramante, confeso que durante todo o tempo de preparación pensei ía estar máis nervioso pero chegado o momento, todo foi estrañamente deprisa. De repente, ó teclear as tres sílabas máxicas, aparecía o froito de todo este tempo de traballo.

Houbo moitos erros, algúns certamente cabreantes e polos que temos que pedir desculpas. A nómina é máis longa do que nos gustaría: fluxos RSS, entrada de comentarios, rexistro de usuarios, fallos ortográficos que farían perder enmudecer a Cañita Brava… fallos que se foron/van/irán solventando a medida que vaian aparecendo e que sexamos capaces de asentarnos.

Certamente, axudou a amabilidade que o blogomillo tivo con nós. Ghanito, Zero Vacas, O Duende, Besbella, A Pirámide, Harvey… unha acollida moi cariñosa que non merecemos e que nos dou forza para superar esta primeira fin de semana na que o sono tiña máis ambicións que Bush mirando un mapamundi. Temos que facer mención especial ó post que Manolo Gago nos adicou en Capítulo 0. Gago vén a ser un pai espiritual, un excelente profesor que dende as súas clases inspirou os primeiros pasos desta redacción no turbulento mundo do xornalismo dixital.

Por certo, esta é a primeira foto de familia da redacción, case ó completo. Tempo teremos de ir dicindo quen é quen e de ir descubrindo a quen falta.

xeredaccion-web.jpg

Máis alá do primeiro día, estes primeiros pasos non son fáciles. Durante semanas deseñamos unhas rutinas e uns esquemas de traballo que saltaron polos aires co primeiro “choque de realidade”. Isto de facer “xornalismo de verdade” éche máis duro do que pensabamos, carallo.

Así que nesas andamos, tentando atopar o noso propio estilo ou que el nos atope a nós. O sono vaise levando con café, as dúbidas supéranse cos vosos ánimos. De momento vai razoablemente ben.

Pero vai sendo hora de deixar de lado tanta endogamia xa que isto non é (unicamente) un espazo para o autobombo. ¿Qué che parecen a ti os estes primeiros pasos de Xeración Web (Beta)?

Información e enlaces

Comenta, entérate do que dixeron outras persoas, ou enlaza isto no teu blog.


Outros posts
Débedas
Aquí estamos. ¡Éche o que hai!

Escribe un comentario

Adícanos un momento para deixar un comentario e contarnos a túa opinión. Podes formatear cun HTML básico.

Comentarios

Vaia oh, a foto na que se me ven os calcetís… Arredemo, que aínda somos juapiños!