Aquí estamos. ¡Éche o que hai!
Pois si, Xeracion Web abre por fin a porta. Non se trata nin moito menos da versión definitiva, xa que nos vindeiros días, semanas e meses iremos incorporando melloras de deseño e funcionalidades e arreglando as cousas que vaiamos rompendo. Por suposto, toda a axuda sobre fallos que vaiades atopando será benvida.
Algunhas novidades témolas xa na cabeza; outras moitas agardan no “limbo das aventuras gráficas” a que as rescatedes. Non sexades malos, se atopades algunha, axudádelle a atopar o camiño…
A partir de hoxe, este blog convírtese en “Éche o que hai”, a fiestra dende a que iremos contando o día a día da redacción, as nosas inquedanzas e as nosas propostas.
Así que aquí estamos, por fin, e aquí agardamos que vos guste estar.



Que ilusión, que ilusión!! Son a primeira en darlle a benvida ao bicho? a primeira e rápida navegación, satisfactoria, non agardaba menos.
Moita sorte de aquí en diante!